top of page
papa-francisco-jmj.jpg.webp

PASTORAL XUVENIL

Dende a Compañía de Xesús, en continuidade coa pastoral colexial levada a cabo nos centros educativos, desenvólvese a pastoral MAGIS, unha proposta de vivir co signo “+” como marca dun estilo de vida: SAÍR máis dun mesmo, COMPARTIR máis cos outros, SERVIR máis aos vulnerables e SOÑAR máis con ese horizonte que Xesús nos propón coa súa Vida. 

 

Coa pastoral MAGIS ofrecemos aos mozos universitarios e profesionais (18-30 anos) unha forma de mirar a realidade e vivir a vida dun xeito diferente: desde ese “máis” (MAGIS) que movilizou a San Ignacio.

Trátase dunha mirada distinta nas catro direccións cardinais da nosa vida: cara dentro (a miña propia identidade), ao lado (os outros e a comunidade), ao redor (os máis débiles e a sociedade) e ao horizonte (o futuro e a humanidade). Son as catro miradas dun peregrino, da persoa que quere crecer e avanzar, compartir e transformar a realidade. Unha mirada así permitiranos recoñecer a Deus en todas as cousas, persoas e circunstancias e nos movilizará con máis intensidade, autenticidade, xenerosidade e esperanza.

Ao mirar a vida así un pode pórse en camiño… e vivir MAGIS, vivir MÁIS con DEUS.

MAGIS-15.png

MAGIS GALICIA

Somos mozos cristiáns. Estamos presentes en Vigo, A Coruña e aquí, en Santiago de Compostela. Podes atoparnos na Igrexa de Santo Agostiño ou escribirnos polas redes sociais.

A NOSA IGREXA

Antigo convento agostiño, actualmente é  xestionado pola Compañía de Xesús. A  igrexa, situada en pleno casco histórico da capital compostelá, é unha xoia histórica e arquitectónica. As súas pedras son testigo de anos de historia. Dende 1964, o complexo alberga ao emblemático Colexio Maior Universitario Santo Agostiño.

ENDEREZO

981 58 48 00

Rúa de Santo Agostiño 4,

15704 Santiago de Compostela

 

logojesuitasespañablanco.png

Fotografía: Lorenzo Balboa

© 2024 Creado por Joaquín Moreiras 

bottom of page