top of page
P7170143.jpg

VISITA A NOSA IGREXA

Benvidos á Igrexa do Sagrado Corazón de Xesús, tamén coñecida como de Santo Agostiño, aínda que a súa primitiva advocación fora a da Nosa Señora da Cerca. Templo atendido pastoralmente pola Compañía de Xesús: os xesuitas. Ao longo das seguintes liñas pretendemos dar unhas chaves para visitar esta igrexa e poder orar e celebrar a fe cristiá nela.

Historia

As pedras de todo o templo esconden as pegadas de xeracións pasadas pero non extintas, que como nós hoxe, fixeron un camiño escuro ao que elixiron poñer luz a través da fe. En cada ocaso e amencer, o edificio renóvase, como o fai a comunidade humana. 

Así, a igrexa de Santo Agostiño construíuse sobre o solar da antiga ermida da Nosa Señora da Cerca, cuxa imaxe segue presidindo a porta de entrada ao templo. Coñecemos a súa existencia dende o século XV, cando esta advocación, que toma o nome da Cerca ou muralla medieval da cidade, aparece nun testamento.

20230624_125039.jpg
Captura de pantalla 2024-08-20 a las 15.44.32.png

En 1618 instálanse nesta igrexa os pais agustinos, encargando de xeito casi inmediato a construcción do actual edificio. O claustro foi proxectado inicialmente por Jácome Fernández, aínda que descoñecemos se sobrevive algo do que chegou a deseñar. A fábrica actual corresponde sen embargo a Francisco González de Araujo e, sobre todo, ao seu discípulo, Bartolomé Fernández Lechuga, que en 1633 comprometéronse a rematar o templo nun prazo de 6 anos.

O proxecto contou co apoio vital dos seus veciños, os condes de Altamira, cuxo pazo e xardines levantábanse no espazo que ocupa o actual mercado de abastos. O resultado é un templo propio do clasicismo, de gran monumentalidade, ao que un raio deixou manco na súa fachada e unha das súas torres no século XVIII. 

P7200175-Recuperado.jpg
P7170038.jpg

Entra e inicia a túa visita

Clica sobre as imaxes para descubrir máis...

Diseño sin título-22.png
P7170053-Panorámica.jpg
P7170087.jpg
P7170083.jpg

Capela do Santísimo
Cristo da Boa Morte

Coa chegada dos xesuítas en 1918, acométense varias reformas; entre elas, a de esta primeira capela esquerda. Dedicada ao Santísimo Cristo da Boa Morte presenta un Crucificado e Xacente saídos da gubia de José Rivas. Trátase dunha devoción típica dos fillos de san Ignacio, confiados en que non hai exilio eterno na cercanía de Deus, e que contou con congregación propia nos anos 20.

Capela de Santa Rita de Casia

Na segunda capela esquerda encontrámonos cun retablo dedicado a Santa Rita do periodo agostiño. A santa, de enorme devoción en Santiago, chea de rosas a igrexa e o seu entorno cada 22 de maio. O agarimo de xeracións de composteláns por ela mantivo o templo, arruinado e abandonado tras a desamortización de 1836, levando a súa esperanza como flores de primavera, a unha nova vida coa chegada dos Xesuítas en 1918. Como lembranza do mundo previo que coñeceu, a venerada imaxe atópase flanqueada por Santo Agostiño e a súa nai Santa Mónica. Xusto debaixo, unha talla da Nosa Señora do Pilar.

Capela da Sagrada Familia

Na terceira capela esquerda atópamonos co retablo da Sagrada Familia, cunha peculiar composición dedicada á santidade no contexto familiar e laboral. O retablo nace das reformas realizadas coa chegada dos xesuítas ao templo.

Transeptos da
Inmaculada e do Flaxelado

Interiormente, Lechuga deseñou unha igrexa de nave única cuberta por bóveda de canón, con capelas laterais dotadas de tribuna e techadas por bóvedas de arista. Completaba así un conxunto de apariencia estreita, que conducía directamente a mirada cara o altar maior, o mesmo que hoxe conservamos, pero daquela presidido por unha imaxe da titular orixinal, a Virxe María na súa advocación da Nosa Señora da Cerca. 

Do mesmo período son igualmente os retablos do transepto, a Inmaculada, á esquerda do altar maior, moi modificado; e o Flaxelado, á dereita do mesmo.  Acolle este unha imaxe de Cristo atado á columna no momento da súa flaxelación, de gran devoción na Semana Santa da cidade, cuxas rúas transita durante a madrugada do Xoves ao Venres Santo. 

​O altar da Inmaculada, titular das Congregacións Marianas, buscou situar a María como o exemplo e amparo para a infancia e a xuventude. Por iso a talla virxinal faise acompañar polas de dous santos mozos xesuítas: San Estalislao de Kostka e San Juan Berchmans. Xusto enfrente do conxunto complétase con San Luis Gonzaga, tamén santo xesuíta e patrón da xuventude, pola súa desinteresada entrega aos demáis e pola súa prisa por alcanzar a santidade.

Altar Mayor

Os xesuítas tiñan sido expulsados de España en 1767, co que deixaran atrás a súa casa histórica en Santiago (actual igrexa da Universidade). Tras varias misións a finais do século XIX, e varias residencias efímeras na cidade, en 1918 fanse cargo do vello e arruinado convento. A comunidade acometerá varias reformas de calado, destacando a supresión das tribunas, a perforación das capelas laterais para acompasalas á planta xesuítica, e a apertura de novas ventás no franco dereito do templo. O altar maior é testemuña do novo tempo, pois a talla da virxe da Cerca desapareceu sen que hoxe se coñeza o seu paradero, sendo substituída por unha imaxe do Sagrado Corazón de Xesús, ao que se consagra o templo. Trátase dunha moi querida devoción xesuíta, que pon así no centro a entrega absoluta dun Deus feito refén da súa propia entrega por amor.

Pese á pérdida patrimonial, a nova estructura permite que María reciba aos fieis na porta, como nai acolledora, mentres a nave os leva cara o amor de Cristo. Baixo a atenta mirada da talla, constrúese o novo sagrario, pechado por un pelicano, que como Xesús, abre o seu peito para dar alimento ás súas crías e deixar florecer nel a nova vida, como a da propia edificación.  Cúbreo un tabernáculo presidido pola fe, cega, que se nutre na Eucaristía para encontrar a luz. A ambos lados da capela maior pasan a disponerse dous grandes maestros de fe: San Ignacio de Loyola, fundador da Compañía (cuxa peregrinación vital nárrase na nave da epístola), e San Francisco Javier, o gran misioneiro do Oriente que cumpliu o encargo de ir ao mundo enteiro para levar o Evanxeo, ambas tallas son obra do destacado mestre galego José Rivas.

Pai Francisco Reino SJ

Neste confesionario adoitaba dedicar moitas horas ao sacramento da reconciliación o Pai Francisco Reino Salaño SJ, xesuíta galego nado en 1911 na parroquia de Ortoño (Ames) e falecido en Salamanca en 1944. Recordado pola súa vida virtuosa, os que o coñeceron o lembran coma un verdadeiro "home de Deus".

Padre_Francisco_Reino_Salaño,_S.J.jpg
img-20190504-wa0004-1_edited.jpg

Tumba de José Rodríguez Gonzalez

Catedrático de Matemáticas da Universidade de Santiago, xeodesta, astrónomo e director do Real Observatorio de Madrid, naturalista e viaxeiro científico por Europa, quen pode ser considerado como o primeiro gran home de ciencias de Galicia, foi soterrado nesta Igrexa de Santo Agostiño o 1 de outubro de 1824 atendendo a súa vontade tal como o despuxo no seu testamento.

ccg_pr_a19-ciencia_RodriguezGonzalez.jpg

Imaxe do
Sagrado Corazón de Xesús

Lugar de veneración da imaxe do Sagrado Corazón de Xesús. De gran devoción na cidade, procesiona polas rúas do centro histórico ao fin da súa novena, en xuño. Ademáis de contar coa asistencia dun gran número de fieis, a imaxe é acompañada dunha representación das distintas confrarías compostelás. 

Gustoute a visita?

Non te esquezas de deixar o teu comentario en Google e volver cedo. Esperámoste!

Texto: Luis Manuel Ibáñez // Fotografía: Lorenzo Balboa

A NOSA IGREXA

Antigo convento agostiño, actualmente é  xestionado pola Compañía de Xesús. A  igrexa, situada en pleno casco histórico da capital compostelá, é unha xoia histórica e arquitectónica. As súas pedras son testigo de anos de historia. Dende 1964, o complexo alberga ao emblemático Colexio Maior Universitario Santo Agostiño.

ENDEREZO

981 58 48 00

Rúa de Santo Agostiño 4,

15704 Santiago de Compostela

 

logojesuitasespañablanco.png

Fotografía: Lorenzo Balboa

© 2024 Creado por Joaquín Moreiras 

bottom of page