top of page
P7170140-HDR.jpg

CULTOS
ANUAIS

P7170075.jpg

Novena a Santa
Rita de Casia

Miles de persoas danse cita cada 22 de maio, despois de ter celebrado unha novena na súa honra, para acudir á festa de Santa Rita de Casia, avogada das causas imposibles e casos desesperados, e cumprir así cunha longa tradición que conta cun grande arraigamento en Compostela. 

Durante todo o día os postos de venta de rosas, roscas, exvotos e velas cobren toda a praza, para dar satisfacción á enorme demanda de fieis de todas as idades.

Trátase dunha festa de gran tradición na cidade, onde se lle ten especial agarimo á santa de Casia, falecida no século XV e canonizada no 1900 polo Papa León XIII, o mesmo Pontífice que no ano 1884 aceptou a autenticidade das reliquias do Apóstolo Santiago na bula Deus Omnipotens. 

A tradición das rosas, brancas e vermellas, procede de cando a Santa encontrábase enferma e próxima xa á morte, a petición súa presentáronlle algunhas rosas que tiñan brotado de maneira prodixiosa durante o frío inverno na horta familiar da súa localidade natal, Rocaporena, na rexión italiana de Umbría. Rosas que din, seguen a florecer aínda hoxe nesa localidade.

Fonte: El Correo Gallego e COPE Galicia

P7170061.jpg
P7170061.jpg

Novena do
Sagrado Corazón

Trátase dunha novena de gran devoción na capital compostelá que remata, oito días despois do Corpus Christi coa celebración da solemnidade do Sagrado Corazón de Xesús. Ese día, a eucaristía é seguida dunha procesión da imaxe do Sagrado Corazón polas rúas do casco vello, acompañada dunha representación das distintas confrarías da cidade. 

Outros

A NOSA IGREXA

Antigo convento agostiño, actualmente é  xestionado pola Compañía de Xesús. A  igrexa, situada en pleno casco histórico da capital compostelá, é unha xoia histórica e arquitectónica. As súas pedras son testigo de anos de historia. Dende 1964, o complexo alberga ao emblemático Colexio Maior Universitario Santo Agostiño.

ENDEREZO

981 58 48 00

Rúa de Santo Agostiño 4,

15704 Santiago de Compostela

 

logojesuitasespañablanco.png

Fotografía: Lorenzo Balboa

© 2024 Creado por Joaquín Moreiras 

bottom of page