
Confraría do Noso Pai
Xesús Flaxelado
Fundada no ano 1953, é a encargada da procesión de Xesús Flaxelado o Xoves Santo polas rúas de Santiago de Compostela.
Imaxes obtidas da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago de Compostela
Historia
Fundada en 1953, a súa orixe remóntase á congregación mariana de San Luis Gonzaga da igrexa de Santo Agostiño, dirixida polo pai Villamil, asociación que agrupaba a mozos universitarios daquela época.
O seu primer presidente foi José Besada Varela, que reuniu ao seu redor a 26 confrades fundadores para saír en procesión en 1953.
Dende 1978 ao 2014 o seu presidente foi Manuel Besada Varela e, durante eses anos, a confraría axudou ao rexurdimento de diversas confrarías e procesións. De feito, esta confraría foi a responsable de realizar o primeiro viacrucis da Semana Santa polas rúas da cidade que, posteriormente, pasou ás mans da Coordinadora de Asociacións Relixiosas Seglares. Posteriormente, entre 2014 e 2018, asumiu a presidencia Antonio Llovo Guillán, entre o 2018 e 2022 Juan García Lavandeira e, na actualidade, o presidente da confraría é Francisco Javier Santos Martínez.
A confraría sae a noite do Xoves Santo. Congrega a máis de 350 confrades e a súa procesión ten especial relevancia na cidade polo seu carácter penitencial. En total silencio, que solamente é interrompido polas cornetas e tambores da súa propia banda, conta con numerosas cruces e cadeas que, no acto de penitencia, levan consigo algún dos confrades. Á súa vez, cabe destacar que a maioría dos confrades, que visten de hábito e capuchón, puños e cíngulo de cor azul; procesionan na súa maioría descalzos.
Fonte: Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago de Compostela
Imaxe
A imaxe do Noso Pai Xesús Flaxelado foi tallada por Diego de Sande no primeiro terzo do século XVIII. Propiedade dos Xesuitas, conta cun altar propio e está exposta durante todo o ano na sede da confraría, a igrexa de Santo Agostiño.
O seu paso, adornado con caraveis de cor vermello, é característico por ser portado a ombros e polo ruído que fan os garfos que os portadores empregan como apoio cando baten contra as pedras do casco histórico da cidade.
